Listado de Xogos no Camiño:
Billarda
Chave
Pulso
Futbolin
Cartas (Brisca)
Turra-Soga
Normas Dos Xogos:
- Cada Équipo estará formado por 10 persoas.
- Cada equipo nomeará a dous participantes por cada xogo, non podendo xogar a máis de un xogo cada participante, exceptuando o turra-soga onde participará todo o equipo.
- O equipo gañador de cada xogo asignaraselle a máxima puntuación para a clasificación xeral, e o resto dos equipos puntuarán en orde decrecente según a súa clasificación na proba
- Gañará os xogos aquel equipo que despois de disputar tódolos xogos, teña a puntuación máis alta.
Billarda:
Dentro dun terreo de xogo (o campo), o xogador (o palanador) ou xogadora (a palanadora)
intenta desprazar un pau de madeira con punta aguzada (a billarda) que está no chan o máis
lonxe posíbel desde o lugar de partida (a zona de saída) golpeándoo con outro pau de madeira
(o palán). O obxectivo é traspasar coa billarda a liña do varal no menor número de golpes.
Dous Xogadores por equipo.
Xogarase o mellor de 3 partidas.
En cada partida sumaranse os golpes dos dous xogadores do mesmo equipo, gañando aquel equipo que sume menos golpes.
Se hai empate, xogarase unha partida de extra para determinar o gañador.
Chave
Unha parella por equipo
Cada xogadora ou xogador lanza catro pellos na súa man de xogo.
As partidas xóganse a 21 tantos.
Os tantos conséguense por bater nas pas ou no eixo da chave.
Cando se golpea no eixo súmase 1 punto, cando se golpea na pa máis grande súmanse 2 puntos, cando se golpea na pa máis pequena súmanse 3 puntos.
Se o pello antes de bater na chave golpea o chan non será tanto válido.
Pulso
Dous participantes por cada equipo que competirán de maneira individual.
O pulso será coa man dereita.
Cada partida xogarase o mellor de 3 pulsos.
Futbolín
Unha parella por equipo.
Xogarase o mellor de 3 partidas de 7 bolas cada partida.
Normas:
- O primeirr saque faise sempre o medio, as siguintes bolas sacas o que receveu o gol.
- Si o xogador que saca o fai por detras e falla, devolveselle a bola.
- Si o fai por diante e falla, segue o xogo.
- Poden sacar tanto dende atras como dende o centro.
- Se a bola sae pola zona de porteria, pona en xogo o defensor.
- Se sae polo medio, faise saque o medio.
- Se a bola se queda atasacada no centro, sacase o medio.
- O remuiño ou ruleta está prohibido
- Cos dianteiros esta prohibido facer cambios e parar a bola.
Brisca
Unha parella por equipo
Gañará cada partida aquel equipo que consiga 8 tantos.
Normas:
Consultar o seguinte enlace: https://www.nhfournier.es/como-jugar/brisca/
Turra-Soga
Participarán os 10 xogadores de cada equipo
No punto medio da corda átase un pano, situadosobre unha liña divisoria riscada no chan. Os capitán de cada grupo deben estar á mesma distancia desa liña da zona de xogo e afastados algúns metros dela. Ao sinal de inicio os equipos deberán tirar da corda, cada un cara a atrás, procurando arrastrar ao equipo contrario ata o terreo propio sobrepasando a liña divisoria. O equipo que o consiga é o gañador