Camiño da Geira e dos Arrieiros
Ruta do Camiño de Santiago saíndo dende Braga.
A ruta do Camiño de Santiago da Geira e dos arrieiros é un itinerario de espiritualidade, descubrimento e aventura, que convida aos peregrinos a regresar ao verdadeiro Camiño.
Últimas Novas
I Encontro Internacional de Peregrinos no Camiño da Geira Arrieiro
Compartimos con todos vos o cartaz definitivo das actividades que se van a celebrar no 1º Encontro Internacional de Peregrinos o Camiño en Nós, que se celebrará o próximo 16/17 de Xullo na localidade de Berán, a 100 Km de Santiago de Compostela. Recordade que para quen o precise haberá zona de acampada gratuita no antigo Campo de Futbol de Berán. Podedes reservar no formulario de contacto desta Web. Contacto
Listado e normas de Xogos no Camiño
Listado de Xogos no Camiño: Billarda Chave Pulso Futbolin Cartas (Brisca) Turra-Soga Normas Dos Xogos: Cada Équipo estará formado por 10 persoas. Cada equipo nomeará a dous participantes por cada xogo, non podendo xogar a máis de un xogo cada participante, exceptuando o turra-soga onde participará todo o equipo. O equipo gañador de cada xogo asignaraselle a máxima puntuación para a clasificación xeral, e o resto dos equipos puntuarán en orde decrecente según a súa clasificación na proba Gañará os xogos aquel equipo que despois de disputar tódolos xogos, teña a puntuación máis alta. Billarda: Dentro dun terreo
I Encontro internacional de peregrinos no Camiño da Geira Arrieiro
O Camiño en Nos A asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro organiza o primerio encontro internacional de peregrinos en Berán durante os días 16 e 17 de Xullo de 2022. Serán uns días cargados de actividades interesantes! Queres participar? Anótate nesta actividade no seguinte formulario:
I Encontro Internacional de Peregrinos no Camiño da Geira Arrieiro
Compartimos con todos vos o cartaz definitivo das actividades que se van a celebrar no 1º Encontro Internacional de Peregrinos
Listado e normas de Xogos no Camiño
Listado de Xogos no Camiño: Billarda Chave Pulso Futbolin Cartas (Brisca) Turra-Soga Normas Dos Xogos: Cada Équipo estará formado
Camiño de Santiago certificado polo Cabildo da Catedral e a Oficina do Peregrino en Marzo de 2019
Este camiño xa foi recorrido por máis de 1.000 peregrinos dende 2019
Un Camiño a Santiago
cheo de beleza natural
Onde se inicia este camiño?
A primeira etapa do Camiño Geira e dos Arrieiros discorre íntegramente por territorio portugués. Esta etapa é prácticamente chaira, de aproximación ás Terras de Bouro.
Esta ruta, no seu inicio comparte itinerario co Camiño Central Portugués,
Tras saír de Braga atravesaremos varias poboacións antes de cruzar o río Cavado como Dume e Palmeira. Esta etapa termina en Caldelas que dispón de albergue.
Que hai que ter en conta?
Este camiño de Santiago non está totalmente sinalizado e é necesario guiarse con GPS, ben mediante un dispositivo específico ou cunha app no móbil (tipo Wikiloc ou Maps.me).
Dende Braga (km 239) ata chegar á Geira (en Santa Cruz, km 216) hai bastante sinalización. Nos primeiros tramos por Galicia (Lobios e Entrimo) e pola zona de Castro Laboreiro hai algúns tramos sinalizados, pero hai outros que non e é necesario o GPS.
A partir de Ribadavia (km 109) a situación mellora enormemente e, salvo algúns tramos por Pazos de Arenteiro e Feás ( Concello de Boborás) xa hai boa sinalización.